TALLERES/

TALLER
Taller la escultura como lugar
​
Fechas: Sábados 3 y 17 de Marzo / 7 y 28 de Abril / 12 y 26 de Mayo.
Horario: De 10:00 a 14:00
Destinatarios: adultos
Plazas limitadas: 10 Máx.
Precio: 45 €/mes
Programa del taller_
En el presente taller abordaremos procesos y problemas de la creación artística contemporánea derivados de la escultura como objeto y representación.
Estudiaremos la naturaleza conceptual, formal y material del lenguaje artístico partiendo del análisis de obras y textos de artistas que serán utilizados como referente en la creación de piezas propias.
Objetivos_
- Conocimiento básico de algunos materiales, procedimientos, técnicas y herramientas propios de la práctica escultórica.
- Aproximación al vocabulario y conceptos inherentes al lenguaje artístico.
- Desarrollo de habilidades para la construcción de obras de arte. Manejo de útiles y materiales.
- Estimulación para experimentar lo escultórico más allá de la categoría escultura.
​
Contenidos_
- Escultura y objeto. Aproximación al campo escultórico. El cuerpo como solidificación/contención. La necesaria ocupación de un lugar. Relaciones objeto-espacio. Tiempo y recorridos.
- El objeto y sus vertientes: objeto cotidiano, objeto encontrado. Influencias de la sociedad de consumo en la concepción del objeto y en la práctica artística contemporánea.
- El entorno cotidiano como laboratorio/campo de experimentación.
- Construcción y composición escultórica. Disposición y organización. La estructura y su lógica interna.
- Operaciones técnicas y adecuación material. Herramientas y soportes. El aprendizaje a través de prueba-error.
- La no ingenuidad del material. Connotaciones y aspectos subyacentes. Resignificación afectiva de los materiales.
Metodología_
El taller se dividirá en sesiones teórico-prácticas con una duración total de 24 horas. Al principio de cada bloque de contenidos se realizará una pequeña introducción teórica que se combinará con la puesta en práctica de ejercicios específicos.
​
Material básico que aportará el/la alumno/a *_
- Caja de herramientas básica (cutter, regla, metro, lápiz, goma, rotuladores, cola blanca, tijeras…).
- Cuaderno de esbozo.
- 2 cajas o planchas de cartón.
* La docente solicitará algunos materiales específicos en función de las propuestas a desarrollar.
​
LUCÍA ROMANÍ
Artista e investigadora. Actualmente ejerce docencia en el Espacio de Creación Artística Zoográfico (Vigo), labor que compagina con la dirección de talleres, seminarios y conferencias en centros educativos/artísticos públicos y privados como el Museo del Grabado de Artes (Ribeira), la Escuela Pablo Picasso (A Coruña), la Facultad de Bellas Artes (Pontevedra) o la Fundación Sales (Vigo) entre otros.
Doctora en Bellas Artes por la Universidad de Vigo. Ha participado en diversas experiencias colectivas en el ámbito de la creación e investigación como miembro del proyecto Canales Alternativos de Creación Experimental de la USC, del Laboratorio de Creación Artística, Aprendizaje e Investigación Cooperativa Explolab y del Seminario de Intervenciones Artísticas en el Espacio Público de la UVIGO. Recientemente ha coordinado exposiciones en torno al Libro de artista en Detrás do Marco, Vigo (2017) y en Piso dos, Pontevedra (2015), a partir de un grupo de trabajo creado en los últimos años. Entre sus últimas exposiciones colectivas se encuentran “Voilà la femme”, Ateneo de Marín (2017), “Un mar de libros”, Verbum, Vigo (2015), “Nós-outras. Encontro de creadoras do Barbanza”, Museo del Grabado de Artes, Ribeira-A Coruña (2015), “Neste Universo:” Centro de Memória Vila do Conde, Portugal (2014), “6 proyectos de espacio para un espacio”, Pazo de Torrado, Cambados (2013) y “Afinidades selectivas 5”, Casa Galega da Cultura, Vigo (2012). www.luciaromani.es
Precio: 135 €
El Coste del Curso es de 135 €, repartidos en mensualidades de 45€. Se hará la inscripción depositando 30€ que se descontará del pago en el primer taller y no sujeta a devolución en caso de no realizar el curso. La no asistencia a uno de los talleres no exime del pago de la mensualidad correspondiente.
La fecha límite para la inscripción es el 26 de febrero de 2018
Las personas que acuden habitualmente al Centro Kurari, pueden formalizar la inscripción en el propio centro, si así lo desean, donde se les dará el recibo correspondiente que presentaran el primer día del taller.

TALLER/
TALLER DE MICRORRELATO
HORARIO Y DURACIÓN:
6 sesiones de 2 horas, repartidas en 3 meses (una sesión cada 15 días, los sábados)
​24 de Septiembre de 2016, 8 y 22 de Octubre de 2016, 12 y 26 de Noviembre de 2016 y 3 de Diciembre de 2016.
Crearemos os nosos propios microrrelatos usando diferentes recursos (o humor, o absurdo, o xogo, a sorpresa...). Compartiremos e poremos en común as nosas creacións. Publicaremos os nosos mellores microcontos nun blog creado para a ocasión.
Imparte:
Elvira Ribeiro Tobío. Escritora e traductora
Precio: 90 €
(3 mensualidades de 30€ cada unha)
El coste del taller es de 90€. Se hará una inscripción depositando 30€ que se descontará del pago restante el primer día y que no estará sujeta a devolución si no se realiza el taller.
Las personas que acuden habitualmente al centro Kurari, pueden formalizar la inscripción en el propio centro, si así lo desean, donde se les dará el recibo correspondiente que presentaran el primer día del taller.
La fecha límite para la inscripción será el 19 de septiembre de 2016
​
DESCRIPCIÓN:
Taller práctico dirixido a todas aquelas persoas que desexen iniciarse na escritura da obra de ficción máis breve que existe: o microrrelato. Achegarémonos a textos de autores/as do ámbito galego, lusófono, hispánico e internacional. Practicaremos as técnicas de escritura características deste xénero literario. Xogaremos coas posibilidades da linguaxe para conseguir historias mínimas.
OBXECTIVO XERAL:
Que o alumnado consiga gozar a través da creación literaria así como escribir microrrelatos de calidade de xeito independente, autocrítico e con coñecemento das principais técnicas das que se nutre o xénero.
​
OBXECTIVOS ESPECÍFICOS:
Dar a coñecer o universo do microrrelato; fomentar o gusto pola literatura e pola creación literaria; facer que o alumnado coñeza e poida pór en práctica as principais técnicas do microrrelato; promover o pracer pola lectura de microrrelato a través da difusión de textos e autores/as da literatura galega e universal; conseguir que o alumnado elabore os seus propios microtextos con criterios de calidade e autocrítica; fomentar o intercambio de opinións e o espírito crítico a través da posta en común das creacións que xurdan no desenvolvemento do taller; favorecer o pracer que pode levar consigo a creación literaria mediante o relato hiperbreve.
METODOLOXÍA:
Será fundamentalmente práctica, destinada a que o alumnado elabore os seus propios textos a partir das técnicas propostas pola profesora. En cada sesión teremos: lectura, para que as persoas participantes practiquen e valoren a expresión en voz alta; actividades de escrita, onde irán desenvolvendo técnicas e xogos literarios para conseguir realizar os seus propios microrrelatos; nocións teóricas, que permitirán coñecer os fundamentos do microrrelato; crítica, que permitirá ollar un texto de maneira construtiva, aprender da crítica e criticar sen destruír; información, que será fornecida pola profesora, quen se ocupará de recomendar bibliografía, sitios web e calquera outro material divulgativo que poida ser de interese. O alumnado terá que desenvolver parte do seu labor de creación fóra do horario do taller, en resposta ás propostas da profesora; este labor será despois valorado e posto en común nas sesións do obradoiro.
ESTRUCTURA DO TALLER:
1ª Sesión:
Achegamento ao microrrelato. O cuarto xénero literario. O boom do microrrelato? Microrrelato e narrativa. Chuvia de microrrelatos. Primeiro experimento: “gústame / non me gusta”. Segredos da técnica: a inversión.
2ª Sesión:
A importancia do título. Treboada de títulos. Segundo experimento: “lémbrome”. Segredos da técnica: a literalidade.
3ª Sesión:
O microrrelato na literatura galega. Microrrelato e pintura / fotografía: contar a partir dunha imaxe. Segredos da técnica: intertextualidade.
4ª Sesión:
O microconto nas letras hispánicas e lusófonas. Microrrelato e poesía: non dicir todo/suxerir.Segredos da técnica: metaficción.
5ª Sesión:
O microrrelato na literatura universal. As propostas de Rodari: contar é divertirse! Segredos da técnica: o cambio de contexto / o binomio fantástico.
6ª Sesión:
Preparamos un bo final: desenlace aberto / desenlace fechado. Segredos da técnica: microrrelato fronteirizo / microrrelato disfrazado. Experimento final: relatos colectivos.
A QUÉN VAI DIRIXIDO:
A calquera persoa, mozos/as e/ou adultos/as con interese no ámbito da creación literaria. Tamén para aquelas persoas que teñan xa certa experiencia na escrita creativa, pero que queiran ampliar os seus coñecementos. A quen simplemente lle guste escribir e queira facelo a través do microrrelato. Mozos/as e adultos/as sen experiencia previa.
A PROFESORA:
Elvira Ribeiro Tobío é escritora e tradutora. Diplomouse en Maxisterio pola Universidade de Vigo e licenciouse en Filoloxía galego-portuguesa pola Universidade de Santiago de Compostela. Foi, ademais, bolseira do Instituto Camões na Universidade Nova de Lisboa e bolseira na Universidade de Coimbra.
Ten traballado fundamentalmente como docente de lingua, cultura e literatura galegas no ensino medio e na Universidade de Vigo, así como na formación de persoas adultas. Dedícase igualmente á tradución e á elaboración de materiais didácticos, alén de impartir obradoiros de creación literaria e animación á lectura. O seu labor no ámbito da literatura levouna ás universidades de Tübingen e Heilderberg (Alemaña), á Universidade de Zadar (Croacia), á Universidade de Cork (Irlanda) ou á Universitat de les Illes Balears, onde interveu como relatora e poeta.
No ámbito da creación literaria, unha selección de relatos da súa autoría pode verse na web da Asociación de Escritores/as en Lingua Galega, así como na Biblioteca Virtual Galega.
Interesada na poesía experimental, fai incursións na videopoesía e a performance. O seu último proxecto, mar de mazá (que pode seguirse en facebook), é un álbum ilustrado que combina texto da sea autoría.
Algúns dos seus poemas foron traducidos ao inglés, ao alemán e ao croata; así mesmo, conta con numerosos poemas traducidos ao castelán en diversas antologias.
Pertence á AELG e adoita participar en recitais e festivais poéticos, especialmente dentro do territorio galego.
Obras:
• Andar ao leu (Colección Tambo, Deputación de Pontevedra, 2005)
• Arxilosa (Colección Hipocampo Amigo, Litoral das Rías, 2005)
• 12 estampas sobre a cidade e o desexo (en Premio Faustino Rey Romero. 10 anos de poesía, Concello de Rianxo, 2008)
• pAlAbrAs brAncAs (Xerais, 2008). Con ilustracións de Fino Lorenzo
• Descubrir Pontevedra (Edicións do Cumio, 2008)
• Biografía da Multitude (IEM, 2009, escrito xunto con Silvia Penas)
• Sibeira, mon amour (en Grial nº 186, 2010)
• Carnia haikai (A. C. Caldeirón, 2012)
• Corpos transitivos (Edicións Fervenza, 2013)
• As redes de Inés (Xerais, 2014). Con ilustracións de Fino Lorenzo
• Playlist para unha retirada (pendente de publicación)
Premios:
• Premio Rosalía de Castro de Cornellà (Barcelona) en 2003, por Arxilosa
• Accésit no Premio Faustino Rey Romero (Rianxo) en 2004, por 12 estampas sobre a cidade e o desexo
• Finalista do Premio Merlín en 2007, por pAlAbrAs brAncAs
• Premio Xosé Neira Vilas ao Libro Infantil e Xuvenil en 2008, por pAlAbrAs brAncAs
• Premio de poesía Victoriano Taibo en 2009, por Biografía da Multitude, escrito con Silvia Penas
• Certame de poesía erótica Illas Sisargas en 2011, por carnia haikai
• Premio de poesía Avelina Valladares do Concello da Estrada en 2013, por corpos transitivos
• Premio de poesía Manuel Leiras Pulpeiro do Concello de Mondoñedo en 2015, por playlist para unha retirada

CURSOS/
TALLER DE HAIKUS
HORARIO Y DURACIÓN:
6 sesiones de 2 horas, repartidas en 3 meses (una sesión cada 15 días, los sábados)
01, 15 y 29 de Octubre de 2016, 5 y 19 de Noviembre de 2016 y 10 de Diciembre de 2016.
Practicaremos as técnicas de escritura características deste xénero literario. Xogaremos coas posibilidades da linguaxe para conseguir crear haikus ao modo clásico, mais tamén dun xeito máis aberto e contemporáneo
Imparte:
Elvira Ribeiro Tobío. Escritora e traductora
Precio: 90 €
(3 mensualidades de 30€ cada unha)
El coste del taller es de 90€. Se hará una inscripción depositando 30€ que se descontará del pago restante el primer día y que no estará sujeta a devolución si no se realiza el taller.
Las personas que acuden habitualmente al centro Kurari, pueden formalizar la inscripción en el propio centro, si así lo desean, donde se les dará el recibo correspondiente que presentaran el primer día del taller.
La fecha límite para la inscripción será el 26 de septiembre de 2016
​
​
​
DESCRIPCIÓN:
Taller práctico dirixido a todas aquelas persoas que desexen iniciarse no coñecemento e na escritura do haiku. Achegarémonos a textos clásicos de autores xaponeses de diferentes épocas, mais tamén aos continuadores da tradición do haiku na literatura occidental. Practicaremos as técnicas de escritura características deste xénero literario. Xogaremos coas posibilidades da linguaxe para conseguir crear haikus ao modo clásico, mais tamén dun xeito máis aberto e contemporáneo. Crearemos os nosos propios textos tendo en conta toda a bagaxe que nos fornecen os exemplos distribuídos na clase. Compartiremos e poremos en común as nosas creacións. Publicaremos os nosos mellores haikus nun blog creado para a ocasión.
OBXECTIVO XERAL:
Que o alumnado consiga gozar a través da creación literaria así como escribir haikus clásicos e contemporáneos con calidade literaria e con coñecemento das principais técnicas relacionadas con este xénero.
​
OBXECTIVOS ESPECÍFICOS:
Dardar a coñecer o mundo do haiku dentro da cultura xaponesa e occidental; fomentar o gusto pola poesía e pola creación literaria; facer que o alumnado coñeza e poida pór en práctica as principais técnicas realcionadas co haiku; promover o pracer pola lectura de kaikus a través da difusión de textos e autores/as da literatura xaponesa, galega e universal; conseguir que o alumnado elabore os seus propios haikus con criterios de calidade e autocrítica; fomentar o intercambio de opinións e o espírito crítico a través da
posta en común das creacións que xurdan no desenvolvemento do taller; favorecer o pracer que pode levar consigo a creación literaria mediante esta forma brevísima de poesía.
METODOLOXÍA:
Será fundamentalmente práctica, destinada a que o alumnado elabore os seus propios textos a partir das técnicas propostas pola profesora. En cada sesión teremos: lectura, para que as persoas participantes practiquen e valoren o recitado en voz alta; actividades de escrita, onde irán desenvolvendo técnicas e xogos literarios para conseguir realizar os seus propios haikus; nocións teóricas, que permitirán coñecer os fundamentos do haiku; crítica, que permitirá ollar un texto de maneira construtiva, aprender da crítica e criticar sen destruír; información, que será fornecida pola profesora, quen se ocupará de recomendar bibliografía, sitios web e calquera outro material divulgativo que poida resultar de interese. O alumnado terá que desenvolver parte do seu labor de creación fóra do horario do taller, en resposta ás propostas da profesora; este labor será despois valorado e posto en común nas sesións do obradoiro.
​
ESTRUCTURA DO TALLER:
1ª Sesión:
Achegamento ao haiku. O haiku na cultura xaponesa. Haiku e filosofía zen. Palabras máxicas: katauta, mondoo, tanka, hokku, waka e renga. Tormenta de versos.
2ª Sesión:
O haiku clásico. Os/as haijin. Kigo, saijiki e kireji. Natureza e emoción: o aware.
3ª Sesión:
Espiritualidade e poesía: o Jisei. Haiku e pintura: o haiga.
4ª Sesión:
O haiku occidentalízase. Grandes autores/as seducidos/as polo oriental. Deconstruímos o haiku. Haikus libres.
5ª Sesión:
O haiku nas letras hispánicas e lusófonas. O haiku urbano, aware sen natureza.
6ª Sesión:
O haiku na literatura galega. Haikus con fotos: os novos haiga.
A QUÉN VAI DIRIXIDO:
A calquera persoa, mozos/as e/ou adultos/as con interese no ámbito da creación literaria. Tamén para aquelas persoas que teñan xa certa experiencia na escrita creativa, pero que queiran ampliar os seus coñecementos. A quen simplemente lle guste escribir e queira facelo a través do haiku. Mozos/as e adultos/as sen experiencia previa.